Saltar ao contido

amolar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /amoˈlaɾ/ (AFI)

Verbo pronominal

amolarse

  1. Sufrir o fastío que provoca algo.
    • Exemplo: En xaneiro namoreime, en febreiro caseime ... e amoleime.

    • Sinónimos: amocarse.
    • Termos relacionados: enfastiarse, foderse.

Verbo transitivo

amolar

  1. Facerlle fío a [unha ferramenta].
  2. Causar fastío [a alguén].
    • Exemplo: Púxenlle pleito a un veciño/ polo derrego dun leiro./ Perder, perdín canto tiña/ pero amolar, amoleino.

    • Sinónimos: amocar.
    • Termos relacionados: amargar, molestar, xiringar.

Traducións

Conxugación