célula procariota
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: de célula e procariota.
célula procariota
- (Bioloxía) Unha célula procariota é a aquela célula sen núcleo celular diferenciado, é dicir, cuxo ADN seencontra disperso no citoplasma. Pola contra, as células que si teñen un núcleo, é dicir, co ADN pechado tras dunha cuberta membranosa (a membrana nuclear, chámanse células eucariotas e constitúen as formas de vida máis coñecidas e complexas, as que forman o imperio ou dominio Eukarya. As procariotas son células máis pequenas e moito menos complexas que as eucariotas e carecen de orgánulos como as mitocondrias, o retículo endoplasmático, o aparato de Golgi e outros. Os organismos formados por células procariotas son uniunicelulares, é dicir, formados por unha soa célula, aínda que algunhas poden formar grandes colonias. Teñen tipicamente entre 1 e 7 μm de lonxitude e de 0,2 a 2,0 µm de diámetro, aínda que poden chegar a extremos como na arquea Nanoarchaeum equitans de só 0,4 µm (400 nanómetros) de lonxitude, que é a máis pequena coñecida, e tamén co xenoma procariótico máis pequeno; as máis grandes son as bacterias Thiomargarita namibiensis con 750 μm e Thiomargarita magnifica, de até 10 mm de lonxitude, que son visíbeis a simple vista.