Saltar ao contido

aparato de Golgi

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «aparato de Golgi».
Aparato de Golgi. Reconstrución en 3D da vista exterior dun apilamiento de cisternas

Locución substantiva masculina

  1. (Bioloxía) O aparato de Golgi, tamén chamado aparello de Golgi, complexo de Golgi ou corpo de Golgi, é un orgánulo celular que está formado principalmente por de 4 a 8 sáculos aplanados ou cisternas (dictiosomas), rodeados de membranas e colocados uns enriba doutros. Funciona como unha planta empaquetadora, modificando o contido de vesículas procedentes do retículo endoplásmico rugoso, que despois envía en novas vesículas formadas nas cisternas do Golgi. Atópase no citoplasma da célula. Dentro das funcións que posúe o aparato de Golgi atópanse a glicolización de proteínas, selección e glicolización de lípidos e a síntese de polisacáridos da matriz extracelular.

Nota: Debe o seu nome a Camillo Golgi, Premio Nobel de Medicina en 1906 xunto a Santiago Ramón y Cajal.

Termos relacionados