auga fósil

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «auga fósil».
Camións transportando tubos para a extracción de auga fósil para construír en Libia o maior proxecto de irrigación do mundo mediante a extracción de auga fósil do acuífero baixo o Sáhara

Locución substantiva feminina

auga fósil

  1. (Xeoloxía) A auga fósil ou paleoauga é auga subterránea que permaneceu acumulada nun acuífero chamado "acuífero fósil", durante miles ou mesmo millóns de anos, debido a cambios na xeoloxía do terreo. Entre os máis importantes acuíferos fósiles está o acuífero que se encontra baixo o deserto do Sáhara. Outros acuíferos fósiles importantes son os do deserto do Kalahari no sur de África, e o acuífero Ogallala nas grandes chairas estadounidenses.
    • Exemplo: Outras grandes reservas de auga fósil poden atoparse nalgúns lagos subglaciares como o lago Vostok da Antártida.

Termos relacionados

acuífero, acuífero fósil