aberración
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín aberrātio, -ōnis, afastamento.
- Pronuncia: [a.βɛ.raˈθjoŋ] (AFI)
aberración (sg: aberración; pl: aberracións)
- Desvío do sentido común, do camiño lóxico ou do comportamento conveniente.
- Exemplo: O xenocidio de Ruanda foi unha aberración.
- Exemplo: O xenocidio de Ruanda foi unha aberración.
- (Bioloxía) Desviación do tipo normal que experimenta, en certos casos, un determinado carácter morfolóxico ou fisiolóxico.
- Exemplo: As aberracións normalmente son o resultado de mutacións.
- Exemplo: As aberracións normalmente son o resultado de mutacións.
- (Óptica) Discrepancia entre a imaxe efectiva dun obxecto nun sistema óptico e a prevista teoricamente.
- Exemplo: Aberración cromática. Aberración xeométrica.
- Exemplo: Aberración cromática. Aberración xeométrica.
- (Patoloxía) Alteración dunha función orgánica.
- Exemplo: Aberración mental.
- Exemplo: Aberración mental.
- (Zooloxía) Individuo que difire das características típicas da especie á que pertence.
- Exemplo: A pantera negra non é outra cousa ca unha aberración do leopardo (melanismo).
- Exemplo: A pantera negra non é outra cousa ca unha aberración do leopardo (melanismo).
Termos relacionados
- Aberración cromática, aberración cromosómica, aberración de coma, aberración de curvatura de campo, aberración de esfericidade, aberración de estrutura, aberración de número, aberración dióptrica, aberración esférica, aberración hística, aberración meiótica, aberración mental, aberración mitótica, aberración sexual, aberración xénica, aberración xeométrica, aberracións do ollo normal, aberracións dos cromosomas sexuais.
Traducións
- Alemán: Aberration (de)
- Castelán: aberración (es)
- Catalán: aberració (ca)
- Francés: aberration (fr)
- Inglés: aberration (en)
- Italiano: aberrazione (it)
- Portugués: aberração (pt)
Castelán
aberración (sg: aberración; pl: aberraciones)
Referencias
Boullón Agrelo, Ana Isabel; Monteagudo Romero, Henrique; García Cancela, Xermán (1988). Diccionario normativo galego-castelán. p. 5. Editorial Galaxia. ISBN 9788471546418.