Terra de Montes
Aparencia
Galego
Etimoloxía: de terra, a preposición de e o plural de monte, denominación alusiva á orografía montañosa do territorio. Terra procede do latín terra e monte, do latín mons, montis. A denominación territorial é medieval: en 1176 Fernando II doou á igrexa de Santiago a metade da terra de Montes que aínda pertencía á Coroa, e nunha confirmación de 1188 aparece a expresión latina terra que dicitur Montes «terra que se chama Montes».[1]
Pronuncia: /ˈtɛra̝ðeˈmonte̝s/ (AFI)
Terra de Montes

- (Toponimia de Galicia) Comarca histórica situada entre as actuais provincias de Pontevedra e Ourense. Comprende o territorio do antigo concello de Cerdedo, hoxe integrado en Cerdedo-Cotobade, o concello de Forcarei e o de Beariz, ademais das parroquias de Sabucedo na Estrada, Morillas e Montes no Campo Lameiro, Caroi no antigo concello de Cotobade, A Barcia do Seixo na Lama e Santa María de Zobra en Lalín.
- Observacións: É unha comarca histórica e cultural, sen recoñecemento administrativo ou xurídico como comarca oficial.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Terra de Montes» na Galipedia.
Termos relacionados
- terra
- monte
- Montes
- Tabeirós
- Tabeirós - Terra de Montes
- Cerdedo
- Forcarei
- Beariz
- Soutelo de Montes
- Aciveiro
Referencias
- ↑ Jular Pérez-Alfaro, Cristina (1991): «“Alfoz y tierra” a través de documentación castellana y leonesa de 1157 a 1230. Contribución al estudio do “dominio señorial”», Studia Historica. Historia Medieval, 9, pp. 9-42, especialmente p. 35.
