Sabucedo
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín *sa(m)bucētu, abundancial ou colectivo en -ētu do nome do sabugo ou sabugueiro; significa, por tanto, «lugar poboado de sabugueiros».
Pronuncia: /saβuˈθeðo̝/ (AFI)
Sabucedo

- (Toponimia de Galicia) Parroquia do concello da Estrada, na provincia de Pontevedra.
- Sinónimos: San Lourenzo de Sabucedo.
- Véxase tamén: Lugares da parroquia: Sabucedo.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Sabucedo, A Estrada» na Galipedia.
- (Toponimia de Galicia) Denominación anterior de Sabucedo de Limia, parroquia do concello de Porqueira, na provincia de Ourense.
- Sinónimos: San Salvador de Sabucedo.
- Véxase tamén: Lugares da parroquia: O Agro, Airavella, Breixoeira, Eido de Lamas, Eido de Ribeira, A Filgueira, A Gándara, A Lagoa, Martices, Penín Novo, As Quintas, O Rial e O Toxal.
- Observacións: Desde 2026 o nome oficial da parroquia é Sabucedo de Limia.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Sabucedo de Limia, Porqueira» na Galipedia.
- (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Sabucedo, no concello da Estrada, na provincia de Pontevedra.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Sabucedo, Sabucedo, A Estrada» na Galipedia.
- (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Sabucedo de Montes, no concello de Cartelle, na provincia de Ourense.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Sabucedo, Sabucedo de Montes, Cartelle» na Galipedia.
- (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Irixoa, no concello de Muras, na provincia de Lugo.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Sabucedo, Irixoa, Muras» na Galipedia.
- (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Ourol, no concello de Ourol, na provincia de Lugo.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Sabucedo, Ourol, Ourol» na Galipedia.
- (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Ourille, no concello de Verea, na provincia de Ourense.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Sabucedo, Ourille, Verea» na Galipedia.
Termos relacionados
- sabugo
- sabugueiro
- Sabacedo
- Sabuceda
- Sabucedo de Limia
- Sabucedo de Montes
- Sabucedo dos Peros
- Sabuguido
Véxase tamén
Referencias
- Cabeza Quiles, Fernando (2018): Toponimia da Estrada, A Coruña: Real Academia Galega e Asociación Galega de Onomástica, p. 150.
- Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (2026): Nomenclátor de Galicia 2026, A Coruña: Real Academia Galega.
