Saltar ao contido

Galilea

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Galilea».
Mapa esquemático da Galilea

Nome propio

Galilea

  1. (Xeografía) Galilea (en hebreo, הגליל ha-Galil, "a provincia" ; en árabe, الجليل al-Jalil; en latín Galilaea, do grego antigo Γαλιλαία) é unha rexión do actual estado de Israel que conta cunha importante poboación árabe. Está situada entre o mar Mediterráneo polo oeste e o lago de Xenesaret (tamén chamado lago de Tiberíades ou mar de Galilea) e o río Xordán polo leste. Ten un relevo montañoso e un clima chuvioso, cunha pluviosidade de até 800 mm/ano, e unha peculiar vexetación. Nazaret e Tiberíades son dúas cidades turísticas. A súa economía baséase na agricultura, a pesca e o turismo.

Referencias

Costas González, Xosé-Henrique (1991). 1.000 nomes galegos. Comisión para a Normalización Lingüística.