Saltar ao contido

Euphorbia lathyris

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Nome científico

Euphorbia lathyris L.

Euphorbia lathyris

  1. (Botánica) Euphorbia lathyris é unha especie pertencente á familia das euforbiáceas, unha das numerosas comprendidas no xénero Euphorbia, orixinaria do sur de Europa (España, Portugal, Italia e Grecia) e do noroeste de África. É unha planta herbácea, erecta, bienal (ocasionalmente anual) que pode chegar até 1,5 m de altura, cun caule verde azulado. As follas están dispostas en pares opostos, e son lanceoladas, de 5-15 cm de longo e 1-2,5 cm de largo, de cor verde azulada. As flores son de cor de verde a verde amarelada, de 4 mm de diámetro, sen pétalos. As sementes son verdes e, cando maduran, cambian a marrón ou gris, e están reunidas en acios globulares de 13-17 mm de diámetro con tres sementes. Forma parte da flora galega, coñecéndose como cagarríos, escurripa, herba da cuca e herba rateira.

Termos relacionados

Euphorbia

Véxase tamén

Euphorbia lathyris en Flora de Galicia.