éxtase
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín extasis, do grego antigo ἔκστασις (ékstasis).
- Pronuncia: [ˈɛks.tɐ.sɪ] (AFI)
éxtase (sg: éxtase; pl: éxtases)
- Estado de ánimo embargado por un sentimento de admiración, alegría, etc, no que o individuo se atopa como fóra de sí e do mundo que o rodea.
- Instante de claridade espiritual ou iluminación mística dunha persoa, preferentemente de tipo relixioso, máis tamén pode ser de tipo existencial ou filosófico.
- Sinónimos: rapto.
- Droga antidepresiva.
- Sinónimos: MDMA.