Saltar ao contido

droga

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «droga».
  • Pronuncia: /ˈdɾɔɣa̝/ (AFI)

Substantivo feminino

droga (sg: droga; pl: drogas)

  1. Substancia, natural ou sintética, inxerida ou asimilada doutro xeito, con capacidade de alterar un proceso biolóxico ou químico nun organismo vivo, cun propósito determinado, como por exemplo combater unha enfermidade, aumentar a resistencia física, ou modificar a resposta inmunolóxica.
  2. En particular, aquela que se utiliza para a cura, prevención ou acougo dunha enfermidade.
  3. En particular, aquela que se utiliza con fins recreativos, narcóticos, alucinóxenos ou estimulantes, pola sensación de benestar, emoción ou alteración da conciencia que provoca.

Termos relacionados

Italiano

Substantivo feminino

droga

  1. Especia.