pobo galego

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «pobo galego».
"Prisciliano ensinou que os nomes dos Patriarcas corresponden ás partes da alma, e de xeito paralelo, os signos do Zodíaco correspóndese com partes do corpo". (Cita de Orosio, na súa Communitorium de errore Priscillianistarum et Origenistarum)

Locución substantiva masculina

pobo galego

  1. Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Desde o punto de vista antropolóxico, diversos estudos xenéticos demostran a súa orixe centroeuropea, menos influídos polos pobos mediterráneos que outras poboacións ibéricas por mor do illamento histórico dos seus habitantes, froito da súa localización xeográfica. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego. Desde o punto de vista filoxenético é de orixe común co portugués (co que mantén un 85 % de intelixibilidade) e semellante a outros romances ibéricos tales coma o asturiano ou o castelán. Existiron numerosos persoeiros galegos con relevancia ao longo da historia; entre outros podemos citar ao relixioso galaico Prisciliano, que foi o principal impulsor do priscilianismo, unha corrente relixiosa cristiá, difundida no século IV en Hispania, e sobre todo na Gallaecia, ao cristián do século X Paio, que foi canonizado pola Igrexa católica, e a María Pita, que foi unha heroína galega na defensa da Coruña contra o ataque da Armada británica acontecido no ano 1589. Famosos escritores galegos foron Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Álvaro Cunqueiro, Manuel Curros Enríquez e o Premio Nobel de Literatura Camilo José Cela. O futbolista Luis Suárez Miramontes é considerado un dos mellores xogadores do século XX.