arte
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
galego
Etimoloxía: Do latín ars, artis.Pronuncia: aínda non temos a pronuncia desta palabra. Contribúe co Galizionario incorporándoa.
Substantivo feminino
(sg: arte; pl: artes)
- Actividade humana que ten como fin crear obras estéticas. Interésalle a arte da pintura.
- Conxunto de coñecementos e regras dunha actividade. A arte da medicina.
- Coñecementos e capacidade para facer algo ben. Ten moita arte facendo cestos.
- Cada un dos tipos de aparellos de pesca. Os mariñeiros usan diversas artes de pesca.
- Artes plásticas. Actividades que consisten en imitar as formas, cores, etc., dos obxectos.