grupo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.


galego

Open book 01.png Substantivo masculino

  • Nuvola apps bookcase.png EtimoloxíaDo italiano gruppo.

singular plural
grupo grupos


  1. Conxunto diferenciado de cousas ou persoas que posúen certas características comúns e que, polo xeral, están nun mesmo lugar.
    • Exemplos: Estes cogomelos collinos baixo aquel grupo de árbores.
    • Sinónimos:
      • fato (de animais ou, cun matiz despectivo, de persoas)
    • Termos relacionados:
  2. Conxunto de persoas organizado e unido na busca duns intereses comúns, na realización dunha actividade, etc.
  3. (Música) Conxunto de intrumentistas que tocan e actúan xuntos.
  4. (Matemáticas) Conxunto de elementos que se relacionan entre si segundo unhas determinadas características ou leis.
    • Exemplos: O grupo dos números enteiros.
  5. (Química) Cada unha das columnas do sistema periódico que conteñen elementos de propiedades semellantes.
    • Exemplos: O grupo dos gases raros.
  6. (Bioloxía Tipo en que se clasifica o sangue segundo a presenza de determinados anticorpos.
    • Exemplos: O meu sangue é do grupo AB negativo.
  7. Máquina capaz de producir electricidade.
  8. Conxunción de dúas ou máis vocais ou consoantes.
    • Exemplos: O grupo -ct- perde o 'c' se vai precedido de vocal débil.

Nuvola filesystems www.pngTraducións

Ferramentas personais