platihelmintos

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «platihelmintos».
Prostheceraeus vittatus, unha planaria

Substantivo masculino plural

platihelmintos

  1. (Zooloxía) Filo de animais invertebrados planos non segmentados que non teñen unha verdadeira cavidade corporal e que carecen de aparellos circulatorio e respiratorio, o que os obriga a ter formas achatadas que permiten que o oxíxeno e os nutrientes poidan penetrar no seu corpo por difusión. Comprende unhas 20 000 especies, a maioría hermafroditas, que habitan en ambientes mariños, fluviais, terrestres húmidos e aéreos. Moitas das súas especies son parasitos que precisan varios hóspedes, uns para o estado larvario e outros para o estado adulto. Os máis coñecidos polo vulgo son as tenias.

Substantivo masculino singular

  1. (Zooloxía) Individuo deste filo.