invertebrado
Galego
- Etimoloxía: de in- e vertebrado.
- Pronuncia: /ĩm.beɾ.t̪e.ˈβ̞ɾa.ð̞o/ (AFI)
Substantivo masculino
invertebrado (sg: invertebrado; pl: invertebrados)
- (Zooloxía) Animal que carece de columna vertebral. Pode ser pluricelular ou, obviamente, unicelular. Os artrópodos constitúen o grupo máis grande destes animais por número de especies.
- Exemplo: O termo invertebrado non ten valor taxonómico, sendo definido por oposición ao de vertebrados, que si o ten.
- Exemplo: O termo invertebrado non ten valor taxonómico, sendo definido por oposición ao de vertebrados, que si o ten.