ambiente
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Táboa de contidos |
Galego
Etimoloxía: do latín ambĭens, -entis (o que rodea ou envolve).
Adxectivo
ambiente (sg: ambiente; pl: ambientes)
- Que rodea un corpo ou constitúe o medio no que se está.
- Exemplo: Queres a auga fría ou a temperatura ambiente?
Substantivo masculino
ambiente (sg: ambiente; pl: ambientes)
- Aire do que se está rodeado e que se respira.
- Exemplo: O ambiente das cidades peligra por culpa da contaminación.
- Conxunto de circunstancias que rodean as persoas, animais, vexetais ou cousas.
- Exemplo: O oso panda non se pode desenvolver fóra do seu ambiente.
- (Ecoloxía) Conxunto das circunstancias ou condicións que rodean un organismo ou unha comunidade de organismos e que comprende, por tanto, os numerosos factores que inflúen en todo sistema biolóxico, tanto abióticos coma bióticos, interactuando entre si de modo complexo.
- Exemplo: O ambiente dos dromedarios é o deserto.
- Sinónimos: medio, medio ambiente.
- (Xenética) Conxunto dos factores externos (físicos, químicos ou biolóxicos) que actúan sobre os xenes dun organismo.
- Exemplo: O fenotipo é a expresión do xenotipo modificada polo ambiente.
- (Xeoloxía) Conxunto das circunstancias materiais (substancias concomitantes, grao de saturación, etc.) e enerxéticas (temperatura, radioactividade, etc.) en que se desenvolve a xénese dun mineral.
- Exemplo: Cada mineral é estábel só no ambiente no que se formou.
- (Figurado) Conxunto de condicións ou circunstancias de algún tipo no ámbito das cales vive unha persoa.
- (Figurado) [Lugar] no que hai alegría, animación, bo humor, etc.
Observacións
- Segundo se pode decucir da definición de medio, a locución medio ambiente (da 3ª acepción) resulta redundante; contodo, é moi frecuentemente empregada, mesmo por institucións como o Ministerio do medio ambiente, a Consellería de medio ambiente, etc.
Locucións
- Ambiente aberto. (Ecoloxía) Ambiente escasamente poboado de árbores , onde predominan as plantas herbáceas, especialmente as gramíneas, e no que os animais, sobre todo os mamíferos, poden desprazarse libremente, como as praderías, as estepas e as sabanas.
- Ambiente agresivo.
-
- 1. (Ecoloxía) Ambiente cuxas características non son adecuadas para o desenvolvemento ou a supervivencia de determinmados organismos.
- 2. (Xeoloxía) Ambiente que, polas súas características químicas, é capaz de disolver ou descompoñer determinmadas rochas.
- Ambiente biótico. (Ecoloxía) Conxunto das pragas, axentes patóxenos, plantas adventicias e outras plantas agrícolas presentes no hábitat dunha determinada planta cultivada.
- Ambiente de deposición. (Xeoloxía) ambiente sedimentario.
- Ambiente desértico. (Ecoloxía) Ambiente poropio das rexións desérticas, caracterizado pola escaseza e irregularidade das precipitacións, escaseza de vexetación e amplitude térmica diúrna moi acusada.
- Ambiente lacustre. (Ecoloxía) Conxunto dos factores físico-químicos e bióticos que concorren nun lago ou nunha lagoa.
- Ambiente litoral. (Ecoloxía) Conxunto dos factores físico-químicos e bióticos que concorren nunha costa.
- Ambiente mariño. (Ecoloxía) Conxunto dos factores físico-químicos e bióticos que concorren no mar.
- Ambiente natural. (Ecoloxía) Ambiente que se dá na natureza, é dicir, en lugares onde non houbo acción antrópica.
- Ambiente palustre. (Ecoloxía) Conxunto dos factores físico-químicos e bióticos que concorren nunha zona pantanosa.
- Ambiente salino. (Ecoloxía) Ambiente propio dun medio acuático de salinidade superior á normal do mar, como ocorre nas lagoas de réxime endorreico.
- Ambiente salobre. (Ecoloxía) Ambiente propio dun medio acuático de salinidade inferior á normal do mar, como ocorre nas desembocaduras dos ríos.
- Ambiente sedimentario. (Xeoloxía) Medio físico ou conxunto de condicións baixo as que se depositan sedimentos durante un período de tempo o suficientemente longo para que litifiquen (temperatura da auga, a súa profundidade, a forza e a dirección das correntes, etc.). Exemplo: Os ambientes sedimentarios divídense en continentais, mariños e de transición. Sinónimo: ambiente de deposición.
- Ambiente xenético. (Xenética) ambiente xenotípico.
- Ambiente xenotípico. (Xenética) Conxunto das condicións que sobre un xene particular deterrminan os restantes xenes do xenotipo. Sinónimos: ambiente xenético, fondo xenético, xenotipo residual.
- Medio ambiente. (Ecoloxía) ambiente (3)