palabra

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo feminino

palabra

  1. Son ou conxunto de sons que expresan unha idea e constitúen unha unidade autónoma.
    • Exemplo: A palabra fútbol é un neoloxismo

      .

Sinónimos

  1. Representación gráfica dese conxunto de sons.
    • Exemplo: Unha frase de tres palabras.

  2. Facultade de falar.
    • Exemplo: O home ten o don da palabra. Perder a palabra.

Sinónimos

  1. Maneira de falar.
    • Exemplo: Ten facilidade de palabra. Quedouse sen palabras

      .
  2. Mensaxe divina que se contén nas Escrituras.
    • Exemplo: Palabra de Deus

      .
  3. Promesa feita sobre a honra de que o que se di é certo.
    • Exemplo: Douche a miña palabra de que foi así. El non foi, palabra

      .
  4. Dereito a falar nunha reunión, vez para falar.
    • Exemplo: Pedir a palabra. Dar a palabra.

  5. Exercicio da facultade de falar.
    • Exemplo: Corteille a palabra

      .

Substantivo feminino plural

  1. Ditos que non se corresponden con ningunha realidade.
    • Exemplo: Todo se quedou en palabras. Non son máis ca palabras, non lle fagas caso

      .
    • Exemplo: Aquilo que se di.

Exemplo: Debes pronunciar unhas palabras. Citas literalmente as palabras do autor

.

  1. Maneira adecuada de expresar algo.
    • Exemplo: Non encontraba palabras para consolalo

      .

Termos relacionados