máis

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Disambig.svg Grafías semellantes:     mais ,    maïs

Galego

Open book 01.png Adxectivo indefinido

máis

  1. Outro, demais, resto.
    • Exemplo: Somos catro? Onde demo foron os máis?
  2. Maioría, meirande parte.
    • Exemplo: Os mais tiveron día libre, nós fumos dos poucos que tivemos que traballar.

Open book 01.png Adverbio

máis

  1. Superioridade ou aumento cualitativo ou cuantitativo.
    • Exemplo: Es máis lento ca unha tartaruga reumática.


Open book 01.png Substantivo masculino

máis

  1. Signo +, que en matemática significa suma.