métrico

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ˈme.t̪ɾi.ko/ (AFI)

Adxectivo

métrico (ms: métrico; mpl: métricos; fs: métrica; fpl: métricas)

  1. (Metroloxía) Pertencente ou relativo ao metro (unidade de lonxitude).
    • Exemplo: Sistema métrico decimal.

  2. (Literatura) Pertencente ou relativo ao metro (medida do verso).
    • Exemplo: O metro é a forma en que se miden os versos, o que se fai por sílabas.

Substantivo feminino

métrico (sg: métrica; pl: métricas)

  1. (Literatura) Arte que se ocupa da medida ou a estrutura dos versos, das súas clases e das distintas combinacións que con eles poden formarse.
    • Exemplo: Imos estudar a métrica dos poemas de Rosalía.

  2. (Fonética) Parte da fonoloxía que estuda os principios nos que se fundamenta a asignación do acento nas diferentes linguas.

Termos relacionados

acento métrico, arte métrica, cinta métrica, fita métrica, quintal métrico, sistema métrico decimal, tonelada métrica, tonelada métrica de arqueo.