adxectivo
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Pronuncia: /ad.ʃɛkˈti.βo̝/ (AFI)
Substantivo masculino
adxectivo (sg: adxectivo; pl: adxectivos)
- (Morfosintaxe) Clase de palabra variable (con flexión de xénero e número, ou unicamente de número) que expresa unha calidade atribuída, e que desenvolve a función sintáctica de núcleo da frase adxectiva.
- (Morfosintaxe) Cada unha das palabras pertencentes á clase de palabra que posúe a mesma denominación.