metro
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Táboa de contidos |
galego
Substantivo masculino
Definicións
- Unidade de lonxitude do Sistema internacional. Un metro (m) é lonxitude do traxecto percorrido pola luz no baleiro durante un tempo de 1/299.742.458 de segundo.
- Instrumento que ten marcada a lonxitude dun metro e submúltiplos e que se emprega para medir lonxitudes.
- Transporte urbano subterráneo sobre raís.
- Número de sílabas dun verso.
Etimoloxía
- lat: "metrum"
Termos compostos
- Metro cadrado:(m2). Unidade de superficie do SI. Área dun cadrado de 1 metro de lado.
- Metro cúbico: (m3) Unidade de volume. É o volume dun cubo de 1 metro de aresta.
- Metro por segundo: (m / s). Unidade de velocidade. Velocidade dun corpo que con movemento uniforme percorre unha distancia de 1 m. en un segundo.
- Metro por segundo ao cadrado: (m / s2). Unidade de aceleración. É a aceleración dun corpo que con movemento uniformemente variado e velocidade variabel dun metro cada segundo.
- Metro cúbico por segundo: (m3 / s). Unidade de caudal en volume. É o caudal no volume dunha corrente uniforme na que 1m3 de volume atravesa unha sección determinada nun segundo.
Traducións
- alemán: Meter
- castelán: metro
- esloveno: meter (1, 2); podzemna železnica, metro (3); metrum (4)
- francés: mètre (1, 2) métro (3)
- inglés: metre
- italiano: metro
- portugués: metro
Véxase tamén
- Na wikipedia metro
- Unidades de medida