cabo
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Táboa de contidos |
galego
Substantivo masculino
- Extremo, parte final de algo.
- Accidente xeográfico: porción de terra que se introduce no mar. Afundiu fronte ó cabo Fisterra.
- Nunha embarcación, as cordas chámanse cabos. Isto é un cabo, rapaz; as cordas son pras vacas.
- A parte dunha ferramenta que se colle coa man. Rachou o cabo do fouciño.
- No exército, grao inmediatamente superior ó soldado. ¡O que mande, meu cabo!.
Traducións
sentido 1
Traducións
sentido 2
Traducións
sentido 3
Traducións
sentido 4
Traducións
sentido 5
Preposición
- Xunto a. Tamén se di cabo de.
Exemplo
- ¿Qué é o que che pasa, meu xastre?
- ¿por qué da sorte renegas?
- Renego porque non teño
- cabo min as costureiras.
- Ó cabo de: despois de.
- De cabo a rabo: de principio a fin, en total. Cacheou a fraga de cabo a rabo buscando o raposo.
- Ó cabo: despois de todo. Teimou moito pero, ó cabo, tivo que darme a razón.
- Vinte reás, Catuxa,
- ganei ó cabo.
- Eres un mintireiro,
- falta un ichavo.
Expresións
- Atar cabos: extraer unha conclusión ó estuda-los datos que se teñen. Se atas cabos, entenderás por que o fixo.
- Dar cabo: rematar.
- Levar a cabo: facer algo, cumprir unha misión. Non foi quen de levalo a cabo.