metálico

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Adxectivo

metálico (ms: metálico; mpl: metálicos; fs: metálica; fpl: metálicas)

  1. Que é de metal, ou que o contén.
    • Exemplo: Un armario metálico. A pirita é un mineral metálico.

  2. Pertencente ou relativo aos metais.
    • Exemplo: Brillo metálico.

  3. Diñeiro en ouro, prata, níquel, cobre aluminio ou en aliaxes, a diferenza do papel moeda.
    • Exemplo: Moedas metálicas.

  4. Diñeiro en efectivo.
    • Exemplo: Nesa tenda só se pode pagar en metálico, non admiten tarxetas

      .

Substantivo masculino

metálico (sg: metálico; pl: metálicos)

  1. Especie de rede metálica sobre a que se apoia o colchón.
    • Exemplo: Mercou un metálico para a nova cama.

Termos relacionados

barómetro metálico, carpintaría metálica, moeda metálica, peche metálico, tea metálica, telón metálico