porto
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
| Grafías semellantes: Porto |
Táboa de contidos |
Galego
porto1
Substantivo masculino
porto (sg: porto; pl: portos)
- Espazo natural ou artificial usado para amarrar barcos, así como para a a carga e descarga de mercancías ou pasaxeiros destes.
- Poboación que conta co anterior espazo.
- Lugar natural por onde cruzar unha corrente de auga ou un anaco de mar.
- Sinónimos: vao.
- Alto situado entre montañas a través do cal é doado atravesalas.
- Sinónimos: porto de montaña.
porto2
Substantivo masculino
porto (sg: porto; pl: portos)
- (Informática) Unha conexión a través da que se envían ou reciben datos.
- Termos relacionados: porto serie, porto paralelo.
porto3
Etimoloxía: de Porto.
Substantivo masculino
porto (sg: porto; pl: portos)
- Viño natural e fortificado elaborado no Porto.
Italiano
Substantivo masculino
porto (sg: porto; pl: porti)
- Porto.
- Porto (Viño do Porto).
- Sinónimos: vino di porto.