burro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «burro».
  • Pronuncia: /ˈburo̝/ (AFI)

Substantivo masculino

burro (sg: burro; pl: burros)

  1. (Zooloxía) Mamífero doméstico da familia dos équidos, de ata metro e medio aproximadamente de altura á cruz, caracterizado polas longas orellas e a cabeza proporcionalmente grande. O pelo das crinas é curto, polo que estas son erectas. Emprégase, ou mellor empregábase, como animal de carga. O macho denomínase garañón, nome que tamén pode recibi-lo cabalo semental. Desde o punto de vista zoolóxico, é un animal mamífero, vivíparo, ungulado (dedos rematados en pezuñas), perisodáctilo (un único dedo nunha pezuña simple) e herbívoro.
  2. (Mobiliario) Cilindro de madeira que se adoita enganchar nunha trabe do faiado e do que saen radialmente e a diferentes alturas múltiples varas das que á súa vez se penduran os chourizos para afumar na lareira.
  3. (Ictioloxía) Nome que se aplica a diferentes peixes, como o fogueiro (Melanogrammus aeglefinus), o abadexo negro (Pollachius virens) ou outros.
  4. Aparello formado por dous madeiros en ángulo recto (mais un terceiro que sostén a estrutura) que se utiliza para soster o pote sobre o lume, para erguer a moa do muíño etc.
  5. Individuo con baixa capacidade para aprender e comprender cousas, con pouca intelixencia ou coñecementos.

Adxectivo

burro (ms: burro; mpl: burros; fs: burra; fpl: burras)

  1. Que ten baixa capacidade para aprender e comprender cousas, falto de intelixencia ou coñecementos.

Termos relacionados

Traducións


Italiano

  • Pronuncia: /'burro/ (AFI)

Substantivo masculino

burro (sg: burro; pl: burri)

  1. (Alimentación) Manteiga.