mamífero
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Substantivo masculino
Etimoloxía: do latín mamma
mamífero (sg: mamífero; pl: mamíferos)
- (Zooloxía) (nome científico, mammalia) Clase de amniotas que se caracterizan pola súa homeotermia, a mandíbula inferior formada por un único óso, o dentario, con dentes moi especializados, a presenza dun padal secundario, a presenza de pelaxe, un olfacto moi desenvolvido e, sobre todo, porque as súas femias producen leite para alimentar ás suas crías. A ciencia que estuda os mamíferos denomínase terioloxía.