intelixencia

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «intelixencia».
  • Pronuncia: /iŋ.te.li.'ʃɛŋ.θja̯ / ou /iŋ.te.li.'ʃɛŋ.sja̯/ (AFI)

Substantivo feminino

intelixencia (sg: intelixencia; pl: intelixencias)

  1. Facultade humana que permite pensar, coñecer, comprender e formar ideas.
    • Exemplo: Moitos consideran a intelixencia como unha facultade exclusiva do ser humano.

  2. (Psicoloxía) Capacidade dunha persoa para aprender e utilizar o que se aprende para adaptarse a novas situacións e resolver novos problemas .
    • Exemplo: Este rapaz ten moita intelixencia.

  3. Por extensión, calidade da persoa que sabe como actuar segundo as diferentes circunstancias.
    • Exemplo: Todos confiaban na intelixencia dese dirixente.

  4. Por extensión, calidade ou característica dun animal que semella posuír esta facultade polo seu comportamento.
    • Exemplo: A intelixencia dos golfiños.

Termos relacionados

intelixencia artificial, intelixencia de datos, intelixencia emocional, servizo de intelixencia.

Galego

Substantivo feminino

intelixencia (sg: intelixencia; pl: intelixencias)

  1. Conxunto dos intelectuais dun país.
    • Exemplo: A intelixencia española.

  2. Conxunto das ideas e os valores dunha comunidade, dun país, etc.
    • {{exemplo|As universidades preservan a intelixencia dun país.

Observacións