acrónimo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /a.'kɾɔ.ni.mo̯/ (AFI)

Substantivo masculino

acrónimo (sg: acrónimo; pl: acrónimos)

  1. Sigla cuxa configuración permite a súa pronuncia como unha palabra; por exemplo ovni, obxecto voador non identificado; TIC, tecnoloxías da información e a comunicación.
  2. Voz formada pola unión de elementos de dúas ou máis palabras, constituída polo principio da primeira e o final da última, por exemplo, ofi(cina infor)mática.

.