tecnoloxía

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Wikipedia-logo.png
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «tecnoloxía».

Open book 01.png Substantivo feminino

tecnoloxía (sg: tecnoloxía; pl: tecnoloxías)

  1. (Tecnoloxía) (Economía) Termo abranxente que trata do coñecemento técnico humano e das ferramentas criadas pola humanidade a partir de tal coñecemento. A tecnoloxía é, dunha forma xeral, o encontro entre ciencia e enxeñaría.
  2. As técnicas, coñecementos, métodos, materiais, ferramentas, e procesos usados para resolver problemas ou ao menos facilitar a solución dos mesmos;
  3. Un método ou proceso de construción e traballo (tal como a tecnoloxía de manufactura, a tecnoloxía de infraestrutura ou a tecnoloxía espacial);
  4. A aplicación de recursos para a resolución de problemas;
  5. O termo tecnoloxía tamén pode usarse para describir o nivel de coñecemento científico, matemático e técnico dunha determinada cultura;
  6. Na economía, a tecnoloxía é o estado actual do noso coñecemento de como combinar recursos para producir os produtos desexados (e o noso coñecemento do que pode ser producido).

Traducións