configuración
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín eclesiástico configūratio, -ōnis (semellanza).
- Pronuncia: /koɱfiɣuɾaˈθjoŋ/ (AFI)
configuración (sg: configuración; pl: configuracións)
- Acción e efecto de configurar ou configurarse.
- Disposición que presentan as partes que compoñen un todo, dándolle a súa peculiar figura.
- (Citoloxía e xenética) Asociación de dous ou máis cromosomas na meiose, que segrega con independencia doutras asociacións.
- Termos relacionados: segregación.
- (Informática) Conxunto dos elementos que constitúen un sistema informático.
- (Química) Disposición espacial relativa dos átomos dunha molécula, que caracteriza un determinado estereoisómero.
Termos relacionados
Traducións
Castelán
configuración (sg: configuración; pl: configuraciones)