Saltar ao contido

tumor benigno

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Lunar, ou nevo melanocítico

Locución substantiva masculina

tumor benigno

  1. (Medicina) Un tumor benigno é un tipo de neoplasia que carece da malignidade dos tumores cancerosos. Por definición, este tipo de tumor non crece en forma desproporcionada nin agresiva; non invade tecidos adxacentes e non produce metástases. Un exemplo común é o nevo melanocítico ou lunar. O termo benigno indica que, xeralmente, é unha afección limitada e non progresiva e, en xeral, non supón unha amenaza grave para a saúde.
    • Exemplo: Normalmente, os tumores benignos están rodeados por unha cápsula externa que impide a extensión a outros tecidos.