tolemia
Aparencia
Galego
- Pronuncia: [toˈlɛ.mjɐ] (AFI)
tolemia (sg: tolemia; pl: tolemias)
- (Psiquiatría) Trastorno mental polo que unha persoa se volve tolo.
- Sinónimos: demencia.
- (Psiquiatría) Estado de quen ten as facultades mentais perturbadas e está por tanto incapacitado para desenvolverse na sociedade.
- Sinónimos: alienación, alleación, alleamento, demencia.
- Acto ou dito feito por un tolo.
- Calquera acto ou dito que aparentemente se sae da razón.
- Feito temerario, desatinado, imprudente.
- Sinónimos: desatino, imprudencia, insensatez, tolaría, tolería.
- (Figurado) Paixón desmedida, cariño sen límites.
- Algo que a razón non pode explicar.
- (Figurado) Situación ou cousa desmesurada.