Saltar ao contido

sistema do complemento

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Locución substantiva masculina

sistema do complemento

  1. (Bioloxía) e (Medicina) O sistema do complemento é un cadoiro bioquímico, que ataca a superficie das células extrañas ao organismo; contén máis de 20 proteínas diferentes, e recibe o seu nome pola súa capacidade para complementar a destrución de patóxenos iniciada polos anticorpos.
    • Exemplo: O sistema do complemento é o maior compoñente humoral da resposta inmunitaria innata.