sistema cúbico
Aparencia
Galego
sistema cúbico
- (Xeoloxía) O sistema cúbico é un dos sete sistemas cristalinos existentes en cristalografía. Caracterízase porque a cela unidade da rede cristalina ten a forma xeométrica de cubo, xa que ten os tres ángulos rectos e as tres arestas da cela son iguais. A característica que o distingue dos outros seis sistemas cristalinos é a presenza de catro eixes de simetría ternarios. É común en moitos minerais, como a pirita ou a galena.