Saltar ao contido

cúbico

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /'ku.βi.ko̯/ (AFI)

Adxectivo

cúbico (ms: cúbico; mpl: cúbicos; fs: cúbica; fpl: cúbicas)

  1. Pertencente ou relativo ao cubo xeométrico.
    • Exemplo: Área cúbica.

      .
  2. Que ten forma de cubo xeométrico, ou que é parecido a el.
    • Exemplo: Unha caixa cúbica.

      .
  3. (Física) e (Química) Dito dun sistema cristalográfico, que ten os eixes de simetría dun cubo, como os cristais do diamante, do sal común ou da pirita.
  4. (Matemáticas) Dito dunha unidade de lonxitude, que expresa unha unidade de volume equivalente a un cubo cuxo lado ten esa mesma unidade de lonxitude.
    • Exemplo: Un decímetro cúbico. Dous metros cúbicos. Unha potencia cúbica.

      .

Termos relacionados

centímetro cúbico, decímetro cúbico, hectómetro cúbico, metro cúbico, milímetro cúbico, nanómetro cúbico, quilómetro cúbico, raíz cúbica, sistema cúbico