salvar
Saltar á navegación
Saltar á procura
Galego
Verbo transitivo
salvar
- Facer que algo ou alguén se libre dun gran perigo ou da morte.
- Exemplo: Os bombeiros salvaron o edificio da súa destrución. Un equipo de rescate salvou os mariñeiros. Salvar a vida.
- Facer que algo ou alguén evite unha dificultade ou situación comprometida.
- Exemplo: O único que te salvará do suspenso será que fagas un bo exame final.
- Elevarse por encima de algo que constitúe un obstáculo.
- Exemplo: Chegou á meta tras salvar todos os valos.
- (Figurado) Pasar por encima de algo que supón un obstáculo ou dificultade.
- Exemplo: A empresa salvou os problemas económicos buscando novo financiamento.
- Manter unha persoa ou cousa fóra do que se afirma.
- Exemplo: Salvou a un que se afogaba, e foi condiderado como un heroe.
- (Relixión) Conceder a gloria eterna.
- Exemplo: Segundo o Novo Testamento Xesucristo morreu por salvarnos.
Verbo pronominal
- Algo ou alguén escapar dun gran perigo ou da morte.
- Exemplo: Da inundación só se salvaron os mobles do piso de arriba. Salváronse porque levaban posto o chaleco salvavidas.
- Algo, ou alguén, evitar unha dificultade ou situación comprometida.
- Exemplo: Con ese comportamento non te salvas da expulsión do Instituto.
- (Relixión) Alcanzar a gloria eterna.
- Exemplo: Salvarase pola súa fe en Xesús.