réxime
Aparencia
- Pronuncia: /ˈre.ʃi.me/ (AFI)
Substantivo masculino
[editar]réxime (sg: réxime; pl: réximes)
- Sistema político polo que se rexe unha nación.
- Exemplo: Un réxime democrático. Un réxime autoritario
.
- Exemplo: Un réxime democrático. Un réxime autoritario
- Conxunto de normas polas que se rexe unha institución, unha entidade ou unha actividade.
- Exemplo: Para nomear o presidente do partido temos un réxime de eleccións primarias
.
- Exemplo: Para nomear o presidente do partido temos un réxime de eleccións primarias
- Conxunto de normas que regulan a cantidade, o tipo e a distribución dos alimentos que debe tomar unha persoa, xeralmente por motivos de saúde.
- Exemplo: Estou demasiado gordo, teño que poñerme a réxime
.
- Exemplo: Estou demasiado gordo, teño que poñerme a réxime
- (Zooloxía) Tipo de alimentación dos animais.
- Exemplo: O lobo ten un réxime carnívoro
.
- Exemplo: O lobo ten un réxime carnívoro
- Conxunto de características regulares ou habituais no desenvolvemento de algo.
- Exemplo: En Galicia temos un réxime de chuvias case todo o ano.
- Exemplo: En Galicia temos un réxime de chuvias case todo o ano.
- (Gramática) Termo rexido por outro.
- Exemplo: O réxime do verbo 'confiar' é a preposición 'en'.
- Exemplo: O réxime do verbo 'confiar' é a preposición 'en'.
- (Tecnoloxía) Estado dunha máquina ou dun dispositivo cando funciona dun modo regular e permanente.
- Exemplo: O réxime do motor do coche quedou perfecto
.
- Exemplo: O réxime do motor do coche quedou perfecto
Termos relacionados
[editar]Antigo Réxime, complemento de réxime preposicional, réxime aberto, réxime pechado.