residencia

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar á navegación Saltar á procura

Substantivo feminino[editar]

residencia (sg: residencia; pl: residencias)

  1. Feito de residir.
    • Exemplo: Agardamos que a súa residencia no noso país sexa agradable.
  2. Lugar onde se vive de maneira fixa ou habitual.
    • Exemplo: Non sabía que te mudaras de residencia.
  3. Edificio destinado a albergar moitas persoas, todas elas unidas por algunha característica afín.
    • Exemplo: Pasei toda a carreira nunha residencia de estudantes.
  4. (Medicina) Período de formación práctica dalgúns profesionais sanitarios que conduce á obtención do título oficial de especialista.
    • Exemplo: A duración da residencia pode variar dependendo da especialidade escollida.

Termos relacionados[editar]

Residencia de Estudiantes
Residencia de Señoritas
Residencia oficial de Monte Pío