Saltar ao contido

Residencia de Estudiantes

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Residencia de Estudiantes».

Locución substantiva feminina

Residencia de Estudiantes. Entrada
  1. A Residencia de Estudiantes é un centro fundado en 1910 en Madrid pola Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas, produto directo das ideas renovadoras que iniciara en España Francisco Giner de los Ríos coa fundación en 1876 da Institución Libre de Enseñanza. Desde o primeiro momento quixo ser un complemento educativo á universidade no que se formasen os fillos das clases dirixentes liberais. Por ela pasaron figuras como Salvador Dalí, Federico García Lorca, Jorge Guillén, Luis Buñuel, o ourensán Carlos Velo, a viguesa de orixe rusa Lydia Kúper ou o lugués Luís Pimentel. Desde a súa fundación ata 1939 foi un dos principais núcleos de modernización científica e educativa de España. O conxunto dos seus tres edificios foi declarado no ano 2014 Patrimonio Europeo.
    • Exemplo: A Residencia de Estudiantes é un conxunto de edificios modernos de estilo neomudéxar provistos dos mellores adiantos da época e cunhas instalacións coa luz e o sol como protagonistas

      .