Saltar ao contido

quelicerados

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «quelicerados».
Límula (Tachypleus tridentatus)
  • Pronuncia: /ke.li.θe.'ɾa.ðos/ ou /ke.li.se.'ɾa.ðos/ (AFI)

Substantivo masculino plural

quelicerados

  1. (Zooloxía) Subfilo do filo dos artrópodos que se diferencian dos demais artrópodos, entre outras cousas, por careceren de antenas e de mandíbulas, e por presentaren quelíceros (ao que deben o seu nome); na súa maior parte son depredadores, e sobreviviron á extinción dos trilobites, artrópodos mariños moi comúns no cámbrico, e cos que están relacionados filoxeneticamente.

Termos relacionados

quelícero