pteridófito

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «pteridófito».
Fieito dos valos (Polypodium vulgare)
  • Pronuncia: /ptɛ.ɾi.ˈðɔ.fi.to̯/ (AFI)

Adxectivo

pteridófito (ms: pteridófito; mpl: pteridófitos; fs: pteridófita; fpl: pteridófitas)

  1. (Botánica) Pertencente ou relativo ás pteridófitas.
    • Exemplo: Os fieitos e plantas afíns son pteridófitos

      .

Substantivo feminino

pteridófita

  1. (Botánica) Planta do filo ou división das pteridófitas.
    • Exemplo: O fieito dos valos é unha pteridófita

      .

Substantivo feminino plural

pteridófitas

  1. (Botánica) División de plantas con cormo e arquegonio que presentan alternancia de xeracións, con predominio da fase diploide; o gametófito haploide, ou prótalo, é pequeno e de vida curta, e o esporófito, diploide, ten a epiderme revestida dunha cutícula, e as súas células teñen cloroplastos.