primario

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /pɾi.ˈma.ɾjo/ (AFI)

Adxectivo

primario (ms: primario; mpl: primarios; fs: primaria; fpl: primarias)

  1. Que vai primeiro no tempo, ou que ocupa o primeiro grao.
    • Exemplo: O domingo celebraranse eleccións primarias. Está facendo seus estudos primarios.

  2. Que é o principal, o máis importante ou necesario.
    • Exemplo: Comer, beber e durmir son necesidades primarias.

  3. (Xeoloxía) Relativo ou pertencente á era primaria.
    • Exemplo: Fixo un estudo sobre as rochas ígneas primarias.

  4. (Física) En electricidade, dise da corrente de entrada nun transformador.
  5. (Física) En electricidade, dito dun circuito, que é polo que flúe unha corrente primaria.

Observacións

  1. Naacepción seu sinónimo é paleozoico.

Substantivo masculino

primario (sg: primario; pl: primarios)

  1. (Xeoloxía) Primeira das eras xeolóxicas, que durou arredor de 300 millóns de anos.
    • Exemplo: Está a estudar as formacións xeolóxicas do primario.

Observacións

  1. Seu sinónimo é paleozoico.

Substantivo feminino

primaria (sg: primaria; pl: primarias)

  1. Parte do ensino obrigatorio, que en España comprende a escolarización entre os seis e os doce anos.
    • Exemplo: Miña neta estuda segundo de primaria.

Observacións

Seus sinónimos son educación primaria, ensinanza primaria e ensino primario.

Termos relacionados

acento primario, atención primaria, educación primaria, movemento primario, sector primario