Saltar ao contido

piñata

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Grupo de piñatas mexicanas
  • Pronuncia: /pi.ˈɲa.ta̯/ (AFI)

Substantivo feminino

piñata

  1. Ola de barro, ou outro recipiente, chea de doces, que no baile de máscaras do primeiro domingo de Coresma, adoita colgarse do teito para que algúns dos concorrentes, cos ollos tapados, procuren rompela cun pau ou un bastón, e, por extensión, a que se pon nunha festa familiar ou de nenos.
    • Exemplo: Meus pais, pola maña, puxeron no salón a piñata para a festa da tarde.

Termos relacionados

baile de piñata, domingo de piñata