pavón
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do galego-portugués pavon, e este do latín pavonem, acusativo singular de pavo.
- Pronuncia: /pa.ˈβoŋ/ (AFI)
pavón (ms: pavón; mpl: pavóns; fs: pavona; fpl: pavonas)
- (Ornitoloxía) O pavón (Pavo cristatus) é unha das dúas especies de aves galiformes da familia dos fasiánidos e subfamilia dos fasianinos pertencentes ao xénero Pavo, que, desde tempos antigos destacou entre os animais máis admirados polo ser humano por mor do extraordinario abano policromado que constitúe a cola dos machos. Segundo a mitoloxía grega, o pavón era o animal consagrado e representativo de Hera, a esposa de Zeus. Trátase dunha especie cun dimorfismo sexual moi acentuado que vive arredor dos 15 anos, aínda que se coñecen casos de exemplares que viviron en catividade máis de 20 anos. É un animal omnívoro, cuxa alimentación está composta por sementes, froitas, bagas, plantas, verduras, insectos, ras e pequenos réptiles. É frecuente velo nos parques e xardíns.