pantano

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «pantano».
Pantano en Belarús
  • Pronuncia: /pan.ˈta.no/ (AFI)

Substantivo masculino

pantano (sg: pantano; pl: pantanos)

  1. (Ecoloxía) e (Xeografía) Zona húmida pouco profunda co fondo plano, na que se deteñen e xuntan augas de maneira natural, e xeralmente co fondo cuberto de lama, e que polo xeral ten abundante vexetación. As augas poden ser permanentes ou non, e doces, salobres ou salgadas.
    • Exemplo: Imos ir a cazar patos no pantano.

  2. Gran depósito de auga formado de maneira artificial ao cortar o curso dun río.
    • Exemplo: Cando construíron o pantano, quedaron varias aldeas asolagadas.