mar das Antillas
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Galego
Hidrónimo
mar das Antillas
- Mar tropical do océano Atlántico situado entre as costas orientais de América Central e as setentrionais de América do Sur. Limita polo norte coas Grandes Antillas e polo leste coas illas de Barlovento das Pequenas Antillas. Polo noroeste comunícase co golfo de México a través da canle do Iucatán. Alberga máis de 7 000 illas, illotes e arrecifes, sendo Cuba a máis grande de todas.