do Galizionario, dicionario galego na Internet.
- Pronuncia: /lakoˈejɾo̝/ (AFI)
Adxectivo
lacoeiro (ms: lacoeiro; mpl: lacoeiros; fs: lacoeira; fpl: lacoeiras)
- Que non ten vontade para traballar e pasa o tempo sen facer nada.
- Sinónimos: badanas, baleigán, brégolas, calaceiro, calaceiro, folgazán, galbán, gandaina, gandulo, lacaceiro, lacazán, langrán, lerchán, lercho, lombán, loubán, mamalón, mangallón, pandorco, preguiceiro, preguizoso, vago, vergallán, zolado, zoupeiro.
Substantivo
lacoeiro (ms: lacoeiro; mpl: lacoeiros; fs: lacoeira; fpl: lacoeiras)
- Persoa que non ten vontade para traballar e pasa o tempo sen facer nada.