do Galizionario, dicionario galego na Internet.
- Pronuncia: /ɡanˈdajna/ (AFI)
Adxectivo
gandaina (sg: gandaina; pl: gandainas)
- Que non ten vontade para traballar e pasa o tempo sen facer nada.
- Sinónimos: badanas, badulaque, baleigán, brégolas, calaceiro, folgazán, galbán, gandulo, lacaceiro, lacazán, lacoeiro, langrán, lerchán, lercho, lombán, loubán, mamalón, mangallón, pandorco, preguiceiro, preguizoso, vago, vergallán, zolado, zoupeiro.
Substantivo
gandaina (sg: gandaina; pl: gandainas)
- Persoa que non ten vontade para traballar e pasa o tempo sen facer nada.
- Sinónimos: badanas, badulaque, baleigán, brégolas, calaceiro, folgazán, galbán, gandulo, lacaceiro, lacazán, lacoeiro, langrán, lerchán, lercho, lombán, loubán, mamalón, mangallón, pandorco, preguiceiro, preguizoso, vago, vergallán, zolado, zoupeiro.
Substantivo feminino
gandaina (sg: gandaina; pl: gandainas)
- Diversión ruidosa dun grupo de xente.
- Sinónimos: brincadeira, chola, esmorga, festa, foliada, pándega, rebuldaina, rexouba, riola, ruada, rumba, troula, troulada, trouleo, xolda.
Traducións