Saltar ao contido

escritura itálica

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «escritura itálica».
Diferenzas entre Times Itálica e Romana e Arial Romana Inclinada e Romana

Locución substantiva feminina

escritura itálica

  1. En tipografía, a escritura itálica é un tipo de escrita moi parecido á cursiva e como esta, presenta as letras inclinadas cara á dereita e con forma aguzada; foi de uso na Italia dos séculos XV e XVI e, debido á influencia da escritura a man, estes tipos inclínanse lixeiramente cara á dereita.
    • Exemplo: A forma das letras da escritura itálica difire da forma das letras romanas. As letras maiúsculas da escritura itálica adoitan estar baseadas no deseño de maiúsculas romanas, pero inclinadas, como se mostra na imaxe.